Arrancan as inscricións para a Lan Party mais grande de Galicia

Arrancan as inscricións para a Lan Party mais grande de Galicia

, 15 de agosto de 2016

Torneos oficiais de FIFA 16, League of Legends, CS: GO (non confundir con Pokemon), Hearthstone… Alta conectividade, camping, duchas e moitas actividades en Silleda do 9 ó 11 de setembro.

Seguemos a montar Lan Parties. Os xugóns de toda galicia terán a oportunidade de mostrar toda a sua pericia aos mandos ou ratos dos seus equipos nos seus xogos favoritos. Como cada ano poderase visitar a Party sen inscrición e participar nas moitas actividades libres que rodean ó evento, que permanecerá activo 24 horas ó día desde o día 9 ó 11 de setembro. Pero a chicha auténtica da Lan Party estará nas competicións oficiais, que contarán con premios en metálico para os mellor clasificados en cada proba.

Coa entrada disporedes de zona de acampada, un posto completo con conectividade i enchufe para ate 800 watios de potencia máxima (nada de levar o microondas para quentar a cea), mesa e cadeira e posibilidade de vos anotar en calquera campionato oficial que se celebre na party sen custo adicional.

Lan-Party-XGN

Para o resto dos participantes quedará a visita libre e a posibilidade de participar nos torneos amigables que se monten de xeito natural no recinto, así como a posibilidade de levar o seu equipo portátil ou consola con batería, cartas de Magic, Móvil… Todo o que non implique chuparlle corrente de balde ó recinto. Presumimos que as actividades que xurdan entre os convidados non terán nada que envexar ás oficiais, así que animámosvos a participar aínda que sexa coma visitantes á Lan Party mais grande de Galicia.

As inscrición comezarán mañá pola mañá a partires das 9:00 A.M, podedes atopar as bases nesta ligazón, con toda a información para a reserva de entradas, horarios, prezos e todas as actualización que afectan ó evento.

AÑADIR COMENTARIO