Amor analóxico no videoclip de Caxade «E isto é o amor»

Amor analóxico no videoclip de Caxade «E isto é o amor»

, 19 de agosto de 2016

Efectos analóxicos e música analóxica para a analoxía do amor de Caxade. Un serán de festa e maxia coa mais moderna das verbenas costumistas.
-O roio de Caxade xa non se leva- poderiades pensar. Pero estades ben equivocados con ese pensamento, xa que o amor non ten data de caducidade, e para acadar eso son tan definido nun formato de banda tan reducido hai que por amor, dedicación, traballo e por enriba de todo, altas doses de xenialidade.
Xa vos falamos do disco de Caxade hai uns días explicando o meritorio do seu traballo e de como conseguen chegar a esas atmosferas tan variadas no musical. Agora vemos o seu vídeo, tan cheo de detalles coma a sua música e coa mesma base: manter un formato analóxico e tradicional e mesturalo coas novas tendencias percorrendo camiños que manterán a esencia das romarías de toda a vida levándoa a un público mais novo. Todo feito con amor, por suposto.

Un baile coa persoa amada, as labores diarias da casa, unha viaxe en bicicleta, un pícnic de primavera, o baño dos cativos, pompas de xabón, a romaría da vila, o primeiro bico… Todo repasado a toda velocidade e mantendo o foco nos pequenos detalles que fan do amor algo cotián, que soamente se pode descubrir permanecendo ben atento o noso redor. Unha viaxe analóxica a todos ese momentos sen cambiar de escenario. Non se pode pedir mais. Bueno, sí, ver a Alonso Caxade disfrazado de cabalo tamén mola.
.

AÑADIR COMENTARIO