Driving Night Vigo, con Fer Barroso

Driving Night Vigo, con Fer Barroso

, 23 de agosto de 2016

Dende a praza dos cabalos ate a do concello nunhas dúas horas… Como músico non sei pero como taxista íase forrar Fernando Barroso. Driving Night Vigo.

Xa falaramos do novo traballo de Fer Barroso nesta web hai uns días, analizando o magnífico disco “Intropía” que tan bo sabor de boca nos deixou na redacción. Podedes ver aquí mesmo o análise. Hoxe vos traemos un videoclip de un dos temas mais atractivos; Driving Night Vigo, no que vemos ó músico galego nun novo rexistro; o de piloto de coches.

A Fer non lle interesan os cartos, non pensedes mal. Se tarda tanto en chegar de un lugar a outro e porque lle gosta recrearse na beleza da cidade olívica. Iso ou que leva posto o seu disco na radio do carro e da rodeos por todas partes para que os viaxeiros do seu “taxi particular” poidan apreciar toda a sua obra namentres chegan a destino. Tan só agardamos que non vaia por aí dando freadas e arrincadas como a que se marca no minuto 3:30 queimando goma a lume de carozo (supoño que a subida de adrenalina pola actuación nocturna).

A verdade é que tarda tanto en chegar dun punto a outro porque cada vez que atopa un sitio que lle chama a atención para a tocar un pouco e inspirarse para levar eses ambientes a novas composicións. Esperamos que Miguel de Dios estivese ben prevido destes hábitos de Fernando Barroso e non levase agardando pola sua chegada cargado cos amplis e guitarra na praza do rei todo o serán ate a chegada do compositor! Aínda que con ese xeito de tocar perdóaselle todo.
.

Un videoclip cheo de detalles a nivel fotográfico a cargo de Cuarto baleiro, no que se repasan algunhas das vistas mais emblemáticas de Vigo coa postprodución de Alfonso Merino e coa participación de Isaac Palacín, Xabier Esqueira e Miguel de Dios como músicos convidados, no que se aprecia a arte guitarrística de Fer Barroso e amigos. Unha curta con bo ritmo para acompañar a un fermoso tema instrumental de altos vos para un disco moi recomendable.

AÑADIR COMENTARIO