Trapallada. Alenta o mar, novo disco.

Trapallada. Alenta o mar, novo disco.

, 26 de agosto de 2016

Trapallada, de Monte Alto, xa sabedes, a coruneno en todo o seu esplendor. A banda de ska punk acaba de publicar o seu cuarto disco titulado Alenta o Mar con notorias colaboracións.

Gravado entre marzo e maio de 2016 nos estudios “La MusikAlta” (Bueu) de Fran Domínguez, con produción de Martín McFly, mesturado por Byktor Gómez (Psykiatriko Records) e masterizado por Jose Triay (NW Mastering). 11 temas 11, que van desde o ska ata o…¿ska? Pois si, non hai mais. Ska, ska, ska, ska, skaskaskaskaskaskaskaskaskaskaskaskaskaskaskaskaskaskaskaskaskaskaskaskaskaskaskaskaskaskaskaskaskaskaskaskaskaskaskaskaskaskaskaskaskaskaskaskaskaskaska………durante os pouco mais de 40 minutos de disco. Que ás veces faste a ilusión de que igual chega un tema lento, ou algo mais rock, ou punk…pois non. SKA!…

Comeza con Ti poderás; un piano ska para unha canción de ánimo para seguir adiante. Despois xa entra a banda co ska. Ladróns, intro de baixo e guitarras…para logo volver ó ska. Letra reivindicativa, “traballa, non quero ladróns…”….Camiñando polo barrio conta coa colaboración de Xurxo Souto, y empeza cun guitarreo prometedor e ventos de big band… ata que de súpeto trasnfórmase en ska.

Parvo de máis…con unha intro de Mariano, ó que felicitamos pola súa colaboración desinteresada en unha canción dedicada de ska. Xente do mar, da que vos puxemos o videoclip, de novo reivindicativa política e social, e con cellos, que iso da calidade e fai chorar y poñerse terno. Logo xa cambian ó ska, (non vaiamos perder o fío). Non queres espertar, un piano esperanzador ata que entra a guitarra ska…Un Pobo en pé, con Mario Coloma, un grito de guerra á resistencia contra a opresión dos políticos i explotadores. Por un intre soa a punk, incluso rock, con ventos dos que levantan o ánimo…ata o estríbello. Adiviñade…iso é. Empeza por S e acaba en Ka.

A esmorga, con Sandra Díez. Ska. Nós somos máis. Ska. Agardando por ti, con Esteban e Kino. Ska. Rexurdir, adicada a Monte Alto. Ska. En definitiva, un disco ben feito, ben producido, bon son e boa banda, en especial encántame a sección de ventos. Letras reivindicativas para con Galicia e moita festa e diversión para festivais punk. Que a un non é que no lle goste o ska e chimpar un anaco o ritmo á contra…pero esta sobredose pódeme, que un xa ten unha idade e non domina as súas pernas coma antes. Por certo, o disco podédelo escoitar completo en bandcamp ou incluso en youtube, que o subiron todo, todiño.

AÑADIR COMENTARIO