Antonio Bustabad, “Homenaxe a Cedeira” coa Marcha de Breixo

Antonio Bustabad, “Homenaxe a Cedeira” coa Marcha de Breixo

, 29 de agosto de 2016

Comezamos a semana paseniño, con vistas aéreas de Cedeira e unha adaptación da marcha de Breixo a gaita eléctrica con Antonio Bustabad. Cargado de sentimentos.

Por moitas homenaxes que reciba a xente do mar nunca serán suficientes, pero non ven mal pararse a reflexionar, escoitando música de raíz e desfrutando destas fermosas vistas da vila de Cerdeira a carón da gaita de Antonio Bustabad.

Un tema no que podemos escoitar os sons de Uilleann Pipes, Low whistle e unha Eagle Recorder (coma unha frauta pero mais potente) combinando coa gaita eléctrica, baseado nunha Marcha Procesional moi inspiradora como é a “Marcha de Breixo”. Cos arranxos de Javier Díaz e a participación de Bea Leonardo na gravación.

Un videoclip cunha forte carga sentimental e un potente son para un tema que serve coma homenaxe personal, por parte de Antonio, ó seu tío Jesús Bustabad, que o 21 de agosto hai tres anos, morreu no mar. Unha bonita dedicatoria para Cedeira, o mar, e todas as familias que teñen lembranzas agridoces coa marea. Saúde!
.

AÑADIR COMENTARIO