“Botar uns dancings” ou facer Kung Fu con Chupadeskay

“Botar uns dancings” ou facer Kung Fu con Chupadeskay

, 7 de septiembre de 2016

Estudar kung fu e bailar Chunda Dance son actividades complementarias segundo o compositor de Xinzo, que nos trae un “videoclip” que se o chegan a rodar entre eles morremos coa risa, pero…

Pero en vez diso tráenos unha recompilación de imaxes e fragmentos de vídeos que, si ben resultan simpáticos coa melodía de Kung Fu, non deixan de ser unha fedellada collendo partes de aquí e alá. Aínda así a montaxe de vídeo queda graciosa e algúns dos protagonistas orientais teñen moito “Flow” e presencia escénica.

O tema é cando menos interesante; unha onda electrónica que bebe do funky máis bailongo nunha liña que me lembra a grupos como Scissor Sisters (na sua vertente mais electro) ou Basement Jaxx. Se lle metesen un baile personalizado (unha inspiración entre o baile do rapaz de azul que baila na rúa coa Stompbox e o vello que se move a cámara lenta) estariamos a falar dun posible “hit” para este outono que xa entra, no que o roio disco e a música electrónica van ser tendencia mundial unha vez mais.

Un single moi pegadizo, moi doado de escoitar que será difícil que non consiga o obxectivo de facervos mover o bullarengue (sexa o que sexa iso) e botar unhas risas namentres o estribeillo se vos pega coma unha lapa. Quedamos á espera do novo disco e xa de paso pedímoslle a Chupadeskay un vídeo de acción real para o lanzamento, que sempre é bonito ver os traballos de audiovisuais de Galicia.
.

 

3 Comentariospor ahora:

  1. Chupadeskay Chupadeskay dice:

    Moitas grazas polos comentarios e a promoción. 🙂 Próximamente presentaremos un video con cover acústico.

AÑADIR COMENTARIO