Benvidos ó mundo Xitano de Fanfarria Taquikardia con “Balkaniko”

Benvidos ó mundo Xitano de Fanfarria Taquikardia con “Balkaniko”

, 15 de septiembre de 2016

Gústannos os grupos que propoñen material diferente; neste caso unha realidade paralela que nos lembra a xitanos ilustres coma Mickey O´Neill (Snatch) e unha banda sonora estilo Balkan.

Cantas veces temos a sensación de que este é un mundo pequeno? Ás veces reducimos as nosas miradas a un pequeno círculo de amigos, gustos e formas de vida. Pero moitas veces a diversidade está moito mais preto do que semella. En Candeán (Vigo) mesmamente, segundo o que podemos apreciar neste “extravagante” vídeo, podemos atopar un estilo de vida tan diferente ó noso que semella saído das fantasías cómicas de Emir Kusturica.

No vídeo podemos descubrir como é o día a día de Fanfarria Taquikardia, a sua sobria maneira de vestir, o xeito de se desprazar en comunidade, os seus “xogos de mesa” e, sobre todo, as falcatruadas que se fan entre eles co seu peculiar sentido do humor.

Sendo tantos na formación desta gran banda (alo menos 11 persoas) ás veces hai que reducir os recursos ó mínimo, pero nesta curta demostran que menos é mais e as cousas importantes da vida non están no que temos, senón no que somos, e que calquera situación pode servir para montar unha festa ou botar unhas boas risas. Un humor surrealista cheo de momentos delirantes que nos leva de viaxe a unha realidade cíngara mais propia da Europa Oriental que de Galicia, pero á que non é difícil sacarlle semellanzas coa nosa terra.

Un tema que musicalmente resulta moi innovador, de carácter puramente festeiro e con variados cambios de ritmo que permiten lucir todas as seccións musicais que presenta a gran banda viguesa neste adianto do que será o seu novo traballo.

O seguinte paso a nivel audiovisual debería ser unha Opera punk/rock/klezmer contando a sua integración en ambientes sociais urbanos (cando van de concerto i esas cousas) dende logo á ambientación e os personaxes se lles pode sacar moito xugo.
.

AÑADIR COMENTARIO