A lenda da Senhora do Almortao, exclusiva Pentavox, con Arifi

A lenda da Senhora do Almortao, exclusiva Pentavox, con Arifi

, 15 de septiembre de 2016

Contan as lendas portuguesas, que hai moitos, moitos anos, un raparigo pastor atopou unha reliquia que ía cambiar para sempre a cultura do noso país veciño. ¿Queres coñecer a sua historia?

Vamos facer unha interpretación moderna do clásico conto popular. A historia comeza nas mans dun rapaz duns 14 anos, que coidaba do seu rabaño de ovellas preto de Alcaíozes.

Unha boa tarde, paseando polo prado, un arbusto de murta (un arbusto con flores similares ás orquídeas de alto valor aromático) chamou a súa atención pola beleza natural que desprendía. Antes de que as ovellas comezaran a comerse a planta decidiuse a recoller algunha flor para levar a súa nai e, nese intre, atopa entre as polas unha figura; unha boneca preciosa que o pon tan contento que se pon a bailar coas ovellas. Coa euforia do descubrimento garda no zurrón a figura e sae correndo á sua casa para lle ensinar á nai o marabilloso regalo que a natureza lle deu.

Cando chega ó fogar colle a súa bolsa e cando vai sacar a figura para amosala resulta non estar no sitio onde a deixara.Estarei a perder a cabeza, supoño, a herba do monte fai estragos. Ben, farei coma que non pasou nada e seguirei facendo a miña ruta”.

Pero o día seguinte, no mesmo sitio volveu aparecer a boneca (tranquilos, non é unha novela de terror). Repite operación, leva a figura para a casa e o ir sacala do zurrón volve a desaparecer misteriosamente. Esto mesmo sucede cada día durante algunhas semanas ate que o rapaz decídese a falar cos especialistas (algo así coma os cazapantasmas da época).

Tras moitas probas e estudos sobre o sucedido, os expertos conclúen que se trata da maxia da virxe; a Señora de Almortao (que leva a nome da murta, a planta aromática coa que empezou todo), e que non pode ser mais que unha sinal para lle facer unha capela naquel emprazamento de gran poder.

Os anos pasan, a capela se constrúe, a lenda medra de boca en boca e empezan a aparecer ofrendas e cantigas populares. Entre elas, unha das mais famosas é a tradicional da Beira Baixa, da que nacen múltiples versións musicais.

Senhora do Almortão
ó minha linda raiana
virai costas a Castela
não queirais ser castelhana

Senhora do Almortão
a vossa capela cheira
cheira a cravos, cheira a rosas
cheira a flor de laranjeira

Senhora do Almortão
eu pró ano não prometo
que me morreu o amor
ando vestida de preto

Os anos seguen pasando ata que Arifi, rescata esta fermosa fábula para o seu novo traballo; unha homenaxe a todas esas lendas e fábulas que nutren o cancioneiro popular, pero levado á produción e arranxos dos nosos días dándolle un novo aire fresco e cheo de calidade.

O Proxecto Arifi é unha conxunción de músicos de diferentes orixes e disciplinas, unidos para facer unha música especial. Arredor da voz e presencia de Iria Estévez, os músicos Vadim Yukhnevich co bayan, Gonzo Piña ó baixo, Toni ás percusións árabes e Marco Mendoza á batería forman o grupo. Xuntos crean unha fusión de músicas galego portuguesas con ritmos árabes, sonoridades diferentes e unha presencia no escenario espectacular. Xa levan percorrido un bo número de salas de Galicia e anuncian a xira que os levará polo resto do país.

E como adianto para os seguidores de Pentavox aquí tedes o videoclip en exclusiva, antes da sua presentación mundial que será mañá. Excelente fotografía da interpretación da canción nun entorno perfecto (unha capela, non podía ser de outro xeito). Dende logo queremos darlles a grazas pola honra e desexarlles todos os éxitos que merecen para un proxecto tan orixinal.
.

22/09/16 Casa das Crechas (Santiago)
24/09/16 Baba Bar (A Coruña)
07/10/16 Centro Niemeyer (Avilés, Asturias)
08/10/16 Auditorio de Vegadeo (Vegadeo, Asturias)
15/10/16 Teatro de Barakaldo (Euskadi)
11/11/16 Sala Garufa (A Coruña)

Guardar

2 Comentariospor ahora:

  1. José Antonio dice:

    Enhora Boa amigos.
    Haber cando podemos escoitarvos en directo. Unha aperta.

AÑADIR COMENTARIO