Os instrumentos musicais mais raros da tradición galega

Os instrumentos musicais mais raros da tradición galega

, 20 de septiembre de 2016

Galicia está chea de tradición musical desde tempos ancestrais. Estes son os instrumentos mais curiosos que recollen os nosos libros de historia dende que o tempo e tempo.
Antes de nada dicir que todos estes instrumentos, por estraño que pareza, están recollidos de xeito oficial polo Consello da Cultura Galega. Por suposto hai moitos mais; simplemente escollemos os que nos parecen mais sorprendentes ou divertidos. Aquí están os instrumentos mais estraños da tradición galega:

Charrasco: Non confundir con churrasco (aínda que este sexa moito mais popular). Consiste nun pao de metro oitenta con varios traveseiros en forma de cruz de caravaca cargados de ferreñas que se usa batendo contra o chan ou cun serrón de madeira para obter un son mais longo e característico.

Lapeta: (ou estraloque) Colles unha caña de bambú ou millo ortas en láminas a parte superior e pódela bater co mango facendo resoar as láminas (as de fora baten coa do medio facendo un estalido).

LATAS DE CARBURO E PEMENTO: Pois si. A mítica lata xigante de Pimentón que atopabas na casa da túa aboa tamén está tipificada coma instrumento galego. Bater nela para facer percusión era un clásico dos anos vinte na nosa terra.

Reque-reque: Unha peza dentada de madeira e un pau, que o se deslizar pola superficie dentada facía un son característico semellante ó de dúas cunchas ó ser frotadas unha contra outra.

requereque

Eiras: Outro instrumento do mais peculiar. Referímonos ás eiras do campo, a horta, o terreo. Antigamente, para mallar o cereal empregábanse manles. Algo así coma uns nunchakus xigantes cos que os homes batían na eira producindo un son moi especial. Co tempo empezou a facerse de xeito rítmico e incluso había espectadores que acudían a deixarse levar por esta curiosa percusión.

Trompa ou birimbau: Este é o instrumento mítico das películas do Oeste americano. Un ferro con lengüeta de aceiro que se coloca entre os dentes para facer ese son parecido o dun resorte. O instrumentista que o usa recibe o nome de trompeiro, de aí a frase “onde vas con esa trompa”.

birimbau

O carro: Curiosamente, o eixo do carro considérase instrumento. Antigamente, á hora de elixir o carro, o mercador buscaba que aparte de aguante tivese bo son; de aí que a base do eixo no carro se chame “cantadeira”. Hai exemplos na lírica tradicional:

“Carriño, que cando cantas
é cando levas máis peso
moita carga levar debe
meu corazón cantareiro”

Serrón: Sí, coma o les. O serrón (“serrucho”) batido cun pau ou refregado con arco de violín considérase idiófono. Era o rei dos instrumentos no gremio de carpinteiros.

Vasoira: Se te cansas de varrer ponte a cantar. Popularizouna un vasoireiro de Compostela que cantaba ó ritmo da vasoira pola zona vella de Santiago. A base de fregadas e golpes do mango este era como un StompBoxer pero dos de antes. As amas de casa de Compostela non o podían ver diante porque dicían que manchaba as súas portas. Un incomprendido!

Vinchas: Da tradición do entroido, un clásico. Colles unha vexiga de vaca inflada e golpeas con ela para facer percusión soora. Un imprescindible no entroido de Xinzo dende o século XVI.

Mirlitón: Un instrumento que segue vixente (o clásico kazú pero artesanal). Un tubo de 15 cms de cana, con un burato de 1cm. Un extremo queda aberto e no outro se ata unha pela de cebola seca que o fai resoar. Polo burato lateral se sopra entoando e se consegue ese son de “chirigota” tan característico das festas e troulas varias.

mirliton

Papel de fumar sobre peite: Para usar este instrumento fan falla dúas cousas: Un peite e papel de fumar. Colles o papel o sopras a través del enriba do peite. Soa parecido ó kazú e depende da maña na voz do intérprete. Unha forma doada e barata de facerse pasar por músico. Na mesma liña atopamos coma instrumento as Flores de toxo e xesta, que fan o mesmo son con unha técnica semellante pero requiren de mais maña.

Rabel: Un dos mais antigos que se lembran. Similar a un violín, atopamos centos de representacións gráficas nas pinturas da Idade Media. Conta cunha soa peza de madeira duns 60 cms, 3 cordas (de auténtico pelo de cabalo) e úsase con arco refregado. Usábao Martín Códax para atraer ás mozas da época.

rabel

Cantagalo: Que mañosa era a xente de antes. Collían unha pola de loureiro, abrían unha fenda ata a metade da súa lonxitude onde metían unha folla de propio loureiro ben axustada, despois diso a soprar e ó facer vibrar a folla emitía un son do mais peculiar.

Fungadeira/bufagatos: Deste instrumento hai moitas variantes. Trátase de ter unha base plana con dous furados o que se lle metía un cordel atado (formando un círculo pechado). Dábaselle voltas para que a corda se retorcese e ó estirar coas mans a base xiraba zumbando. Coma base podíase (e pódese, e moi doado de facer) usar un óso de porco serrado, unha táboa pequena fina, unha noz ou mesmo un botón grande (e aforras facer os buracos).

bufagatos

Rin-ran: Instrumento creado con dúas noces, un pao e un cordel. Trátase de facer que o cordel de enrosque nunha das noces e se recolla na outra de tal xeito que pode xirar constantemente facendo unha vibración, de aí o seu nomre, polo movemento de rin-ran de ida e volta. O seu son e similar a un resorte tal como vimos na trompa ou birimbau.

Zoadeira/rombeta: Tan sinxelo como atar un anaco de madeira a un cabo e facelo xirar por riba das nosas cabezas. Ese zoar similar ó do vento da a este instrumento o seu nome. Se o enroscas ao colo ou lle das a alguén con el consegues outro tipo de sons (non son aturuxos, son lamentos).

Caramela: Os amantes do videoxogo Zelda teñen aquí un precursor da ocarina. Feito de corno de cabra, a caramela formaba unha frauta pechada con 3 ou 4 furados. Un clásico para os pastores de cabras galegas.

caramela

O abellón: Sinceramente, a inclusión do abellón na lista de instrumentos do Consello da Cultura Galega sorpréndeme tanto como a do carro ou a vasoira. Para quen non o saiba o abellón era unha actividade que se daba nos velorios. Os participantes reuníanse o redor do morto, collíanse das mans i emitían un son nasal coa boca pechada. A costume di que non podía deixar de soar, nin podían soltar as mans e ninguén podía falar durante o abellón. Instrumento curioso cando menos.

abellon

AÑADIR COMENTARIO